A pasada fin de semana estreouse nos cines La Duda, obra de Jhon Patrick Shanley, Premio Pulitzer 2007. O libro conta o conflicto entre educadores nun colexio católico do Bronx, Nova York, no ano 1964, co tema da pedofilia de fondo, tan de actualidade nos Estados Unidos. Teño gañas de vela, porque cando ollei a carátula do filme mesmo me parecía estar diante dun cartel da Conexión Tubinga.
Achégolles unha sinopse do filme
É o ano 1964, a escola de San Nicolás, no Bronx. Un carismático sacerdote, o Pai Flynn, está tratando de cambiar as estritas normas do colexio, que foron fortemente custodiadas pola irmá Aloysius Beauvier, a directora do centro que cre no poder do medo e a disciplina. Os ventos de troco político avecíñanse na comunidade e, de feito, a escola aceptou o seu primeiro estudante negro, Donald Miller. Pero cando a irmá de James, unha cándida inocente, comparte coa irmá Aloysius as súas sospeita de que o Pai Flynn está dando demasiada atención persoal a Donald, a Irmá Aloysius pon en marcha unha cruzada a título persoal para descubrir a verdade e botar a Flynn da escola. Agora, sen a máis mínima proba, agás a súa certeza moral, a Irmá Aloysius desatará unha batalla de vontades co pai Flynn, que ameaza con dividir á comunidade con consecuencias irrevogables.
Aproveito máis nada para darche os meus parabéns pola novela. Esta fin de semana deixei de escribir para lela dun tirón. Agora debullarei todo o que contas aquí sobre ela para ter un visión máis completa.
Por certo, só una pega, gustaba máis do titulo coa que a presentaches ao Xerais, paréceme máis redondo e evocador: As sereas de Tubinga. Xa cando se deran a coñecer as finalista pensei para min que detrás dese título tiña que haber unha boa novela. e non me trabuquei.
Os meus parabéns de novo.
Unha aperta