Alberto Canal ( Ourense 1967). É licenciado en Ciencias da Información, rama Periodismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é responsable de Co-municación do Grupo Caldaria e director da editora AVC, dedicada a publicacións periodísticas especializadas. Conexión Tubinga (Xerais 2008), finalista do Premio Xerais 2008, é a súa primeira novela, e sobre ela ten aberto un blog titulado: conexiontubinga.wordpress. com
somos os alumnos de 1º de bacharelato de francés do IES Pintor Colmeiro. Tivemos que ler a súa na clase de filosofía, o principio parecía un libro máis dos que nos impoñían, pero a medida que se foi desenvolvendo a trama resultounos interesante como era a vida nun seminario, o control e a manipulación que hai sobre as persoas.
Tamén é importante esa crise de identidade que aparece nalgún momento da xuventude e ca que a veces nos identificamos. Compartimos a crítica do autor contra o sistema eclesiástico e a súa hipocresía.
A profesora de francés opina que o sistema de acoutacións dos libros é un bo método para controlar a lectura dos nosos alumnos, e como opinión persoal parécelle moi guapo o autor.