Deus estaba no cerebro
Por que somos relixiosos os humanos? Científicos estadounidenses identifican as áreas neuronais que se activan cando se pensa sobre as crenzas relixiosas, unha actividade exclusiva, non compartida por ningún outro animal
REDACCIÓN . SANTIAGO – GALICIA-HOXE
Abordar cientificamente a pregunta “por que somos relixiosos os humanos” non é doado. Pero que se saiba, ningún animal, nin sequera os nosos parentes máis próximos, os chimpancés, cre en Deus. Os humanos son os únicos que practican a relixión porque son as únicas criaturas que desenvolveron imaxinación. Este é o argumento do antropólogo Maurice Bloch da Escola de Economía de Londres. Bloch reta á noción popular que sostén que a relixión naceu e expandiuse porque promovía os lazos sociais, tal e como outros antropólogos argumentaron. Pero no asunto, é claro, non existe unanimidade. Que a relixión teña os seus circuítos neurais significa que Deus é un mero produto do cerebro, din uns. Non: é que Deus preparou o meu cerebro para poder comunicarse comigo, responden outros. Por iso, “os científicos non imos buscar probas da existencia ou inexistencia de Deus”. Son palabras do psicólogo evolucionista Justin Barrett, do Centro para a Antropoloxía e a Mente da Universidad de Oxford.
Unha investigación publicada esta semana na edición dixital da revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), suxire que os compoñentes específicos das crenzas relixiosas están mediados por redes cerebrais xa coñecidas. Así, científicos do Instituto Nacional de Trastornos Neurolóxicos e Ictus en Bethesda (Estados Unidos) localizaron as áreas do cerebro humano activas cando se pensa sobre as crenzas relixiosas. Os investigadores, dirixidos por Jordan Grafman, combinaron probas psicolóxicas coas imaxes de resonancia magnética funcional (IRMf) e asociaron tres compoñentes das crenzas relixiosas con áreas específicas do cerebro utilizando unha técnica coñecida como escala multidimensional. Os compoñentes relixiosos eran a percepción do nivel de participación de Deus no mundo, a emoción percibida de Deus e o coñecemento da doutrina e a práctica relixiosas. As técnica de IRMf capturaba imaxes do cerebro dos participantes a medida que avaliaban afirmacións sobre as crenzas relixiosas.
Os científicos descubriron similitudes na forma na que o cerebro dunha persoa avalía as accións dou- tras e a forma na que contemplan a participación de Deus na vida dos humanos. Os científicos identificaron un vínculo entre o adoutrinamento relixioso previo dunha persoa e o lóbulo temporal, que é un área do cerebro que participa na memoria e no discurso falado.
Segundo os autores do traballo, os resultados vinculan a crenza relixiosa coa evolución biolóxica das funcións cognitivas adaptativas. Mais, desde cando é o home relixioso? Eudald Carbonell, da Universidade Rovira i Virgili e co-director da escavación de Atapuerca, recordaba en El País que “as crenzas non fosilizan”, pero si poden facelo os ritos dos enterramentos, por exemplo. Así, crese que hai uns 200.000 anos Homo heidelbergensis, antepasado dos neandertais e que xa mostraba “indicios dun certo concepto tribal”, xa trataría os seus mortos de forma distinta. Do que non hai dúbida é de que desde a aparición de Homo sapiens, o fenómeno relixioso é un continuo. “A relixión forma parte da cultura dos seres humanos. É un universal, está en todas as culturas coñecidas”, afirma Eloy Gómez Pellón, antropólogo da Universidade de Cantabria e profesor do Instituto de Ciencia das Relixións da Universidade Complutense de Madrid.
O ateísmo actual é un fenómeno novo, que talvez ten que ver co avance da ciencia. Os novos ateos maniféstanse, ademais de en internet e na prensa escrita, a través de libros. Antes de que eles chegasen ao mercado bibliográfico, os best sellers de non-ficción en Inglaterra e Estados Unidos eran libros de dietas milagrosas e de autoaxudas varias. Incuestionábelmente, os ateos crearon un novo nicho de mercado: cuestionar a existencia de Deus triunfou nas listas de vendas.
O espellismo de Deus, de Dawkins, aquí publicado por Espasa en lingua castelán, está entre os dez libros máis vendidos da librería global Amazon.com, así como nas cifras globais de todo EEUU. Dawkins, ata agora coñecido polas súas achegas ao darwinismo,é o xefe da banda pero hai outros xefes: o filósofo Sam Harris, autor da Fin da fe e de Carta a unha nación cristiá,onde explora a influencia do fundamentalismo cristián na política de Bush; o filósofo Daniel Dennet, que en Romper o feitizo (Katz) ve a relixión como un produto tan natural como un virus, e o xornalista Christopher Hitchens, cuxo Deus non é bo, publicado por Debate, é outro dos éxitos ensaísticos de hoxe.
Máis aló destas estrelas nas listas de vendas, outros alicerces do movemento son o físico Robert L. Park, ou os biólogos P. Z. Myers e Larry Moran. En xeral, un trazo distintivo do novo ateísmo, fronte ao vello, é que o seu discurso procede máis do campo científico que das humanidades. En diversos países europeos xurdiron fenómenos semellantes. A pata francesa sería o filósofo Michel Onfray, cuxo Tratado de ateoloxía (Anagrama/ Edicions 1984) xa coñece en España varias edicións. En Italia, o matemático e lóxico Piergiorgio Odifreddi arrasou con Por que non podemos ser cristiáns, obra que no Estado publicou recentemente RBA.
ENCONTRÓN DE SLOGANS
“Guerra de buses” na Coruña entre o “ateo” e o da Igrexa
A polémica publicidade atea circula desde o sábado polas rúas da Coruña. Baixo o lema Probablemente Deus non existe. Deixa de preocuparte e goza da vida, anuncios financiados pola Unión de Ateos e Librepensadores co obxectivo de difundir os seus ideais, do mesmo xeito que xa fixeron por outras cidades como Madrid, Barcelona ou Málaga. Porén, a cousa non fica aí. Os usuarios coruñeses das liñas 3 e 6 que pasean no interior do slogan móbil poden cruzar no camiño con outros buses “de contraofensiva”, auspiciados pola igrexa católica. Concretamente o da liña especial universitaria, o 5 e o 3, reza, e nunca mellor dito: “El que no crea en Jesús es condenado”.
E para os que buscan culpábeis, a orixe desta polémica iniciativa está en Londres. Unha organización laica decidiu reivindicar os dereitos dunha “poboación oculta de ateos, que necesita mostrarse”. Así o definiu o profesor Richard Dawkins, coñecido biólogo evolucionista e catedrático
ESTUDIO
La religión está localizada en una región del cerebro
| La mente reacciona ante la fe
R. Romar. /La Voz de Galicia
«Dios existe». «Dios está siempre presente». Si usted realiza estas afirmaciones y, además, cree en ellas, sepa que en su cerebro se activará un área que permanecerá apagada tanto para los agnósticos como para los ateos. Sus pensamientos, sus emociones y las propias experiencias religiosas desencadenan una respuesta en el lóbulo temporal del cerebro, que desempeña un papel importante en el reconocimiento de las caras y el lenguaje, y en el lóbulo frontal, implicado en la memoria y en el juicio. Que Dios, la fe o las creencias religiosas están en el cerebro, al menos en el de los creyentes, lo acaba de demostrar una investigación realizada por un equipo de científicos del National Institute of Neurological Disorders and Stroke de Estados Unidos, cuyas conclusiones acaban de ser recogidas en la revista PNAs .
Con el trabajo no se puede demostrar la existencia o ausencia de Dios, algo a lo que tampoco se aspiraba, pero este grupo de científicos, dirigido por Jordan Grafman, han descubierto que sí se puede analizar la actividad cerebral desencadenada por las creencias religiosas. Lo han hecho con una técnica sencilla, una resonancia magnética que ha medido las reacciones producidas en el cerebro en 66 individuos ante la emoción provocada por la fe, su percepción de la implicación de Dios con el mundo y sus experiencias religiosas.
La religiosidad, a juicio de los investigadores que participaron en el estudio, está relacionada con funciones adaptativas cognitivas que se han desarrollado a lo largo de la evolución humana.
Menos ansiedad
Otro trabajo, en este caso elaborado por psicólogos de las universidades de Nueva York y Toronto, reveló que las personas que manifestaban tener fe en Dios desarrollaban menos actividad en la corteza cingulada anterior (ACC), una parte del cerebro que emite señales cuando se requiere atención o control, y asociada a los estados de ansiedad producidos por los errores que comete un individuo. Esto viene a suponer que los creyentes sienten menos ansiedad y estrés cuando cometen errores, lo que sugiere que «la fe tiene un efecto que calma al individuo», según Michael Inzlicht, el coordinador de los estudios.
Deixar unha resposta