
Vista aérea do mosteiro de Fonte Avellana.
Elixín este mosteiro do nordeste italiano para localizar os retiros espirituais dos curas con problemas de libido polas connotacións que lle achega o feito de identificarse coa figura do pai Pedro Damián, un dos promotores da flaxelación e a maceración como métodos para controlar os impulsos da carne.
O Mosteiro de Fonte Avellana está situado na aba do macizo montañoso do Castria (1701 metros) e a 700 metros sobre o nivel do mar. As súas orixes remóntanse en torno ao ano mil, aínda que hai constancia de que no último decenio do século X algúns eremitas habitaron este lugar caracterizado polo seu bosque de avellanos e surxencias de auga mineral.
Este mosteiro está identificado coa figura do pai Pedro Damián, que chegou á abadía no ano 1035. O cenobio está situado na diocese de Gubio, rexión de Umbría, e foi fundado por Lodulfo, discípulo de San Romualdo. Foi alí onde Pedro Damián deu libre curso ao seu gusto pola austeridade, esaxerando a miúdo os rigores da regra: flaxelacións até sangrar durante o canto dos 40 Salmos, que chegaban a 60 en Coresma. Sobre este tema escribiu un libro, e en diversos mosteiros aos que foi chamado instituiu ou restaurou a lei da máis severa maceración.
Deixar unha resposta