
Esta é a foto que sirviu de portada o suplento das Letras publicado o xoves por Galicia-Hoxe. A autora é Natalia Crecente e forma parte da exposición "En torno a Barskerville" que acolle o Centro de Arte Contemporánea de Santiago ata o próximo 1 de marzo. Con portadas como está da gusto saír nos suplementos. Parabéns a fotógrafa e aos diseñadores que adaptaron a foto.
“Aínda recordo con nostalxia aquela reunión dos Amigos de Zaratrusta na que me subín a unha cadeira e con pose de intelectual lle dixen aos meus compañeiros: a partir de agora quero que todos me chameles Nietzsche, Federico Nietzsche”. Así comenza Alberto Canal Conexión Tubinga, a súa primeira novela e, probablemente unha das propostas máis insólitas que o lector pode atopar nas librerías esta temporada. Concibida como unha novela de intriga, Conexión Tubinga presenta varias vías de indagación paralelas: a das lirotas entre fundamentalistas católicos e os revisionistas, e a propia pescuda de liberdade do narrador, un rapaz que estuda nun seminario de Ourense e que, de repente, descobre o libro Existe Deus? de Hans Küng. O libro e o teólogo van vertebrar, de feito, o desenvolvemento da obra, narrada en primeira persoa nunha prosa sinxela e eficaz, directa. Até o propio Küng se converte en personaxe. O Opus Dei, a filosofía de Kant, a atmósfera inmóbil dos seminarios, a represión sexual da Igrexa, o Papa Ratzinger, as inquedanzas da fe ou a renovación teológica desfilan polo libro coa naturalidade de alguén familiarizado cos camiños inescrutables do señor.
Deixar unha resposta