
A campaña está dando moito que falar.
Achégolles o artigo que publica na súa contraportada El Correo Gallego. Tamén recollo un anaco da crónica de opinión que Enrique Alvarellos publica na contracapa de Galicia-Hoxe referente a campaña publicitaria a favor e en contra da existencia de Deus.
‘Conexión Tubinga’, ¿existe Dios o no?
NOVELA. El periodista Alberto Canal está dando mucho de qué hablar con su primera novela, Conexión Tubinga, una intriga teológica y filosófica sobre la existencia, o todo lo contrario, de Dios. Finalista del Premio Xerais 2008, este libro tiene como trasfondo la obra titulada ¿Existe Dios?, del reconocido y polémico teólogo suizo Hans Küng, en el que su autor intenta demostrar racionalmente la existencia del Sumo Creador. La novela de Alberto Canal arranca precisamente con el descubrimiento, por parte de un joven seminarista que estudia en Ourense, de este libro, y a partir de ahí el autor se sumerge en infinidad de cuestiones relacionadas con el Opus Dei, la filosofía de Kant, la atmósfera inmóvil de los seminarios, la doctrina del Papa Ratzinger, las inquietudes de la fe o la renovación teológica.
Se trata, en suma, de una novela francamente interesante que hará reflexionar a cuantos se lancen de cabeza a sus páginas. Además, su lanzamiento es muy oportuno, ya que coincide con la polémica campaña publicitaria iniciada en Londres en contra de la existencia de Dios y a favor del hedonismo.
Enrique Alvarellos
Deus e os ateos
Crer en Deus é cousa de Fe, así, con maiúsculas. Negalo é, pola contra, outra opción da mesma tipoloxía, aínda que de signo contrario. Agora peléxanse, cun bus publicitario polo medio, os que o afirman con todas as da lei cos que o negan con todas as da lei. Ambas as posturas son cousa de Fe, pensa un. A ver quen é o informado que posúe datos para certificar a súa existencia, ou a súa inexistencia. Ai, quen puidera! Quen soubera! Todo isto xorde (vello tema) agora de novo co chamado Bus ateo, unha campaña de mercadotecnia que, nas próximas semanas, arribará en Galicia. A historia empezou no Reino Unido e viaxará agora ao noso oeste. Promovida pola Unión de Ateos e Librepensadores, utiliza os autobuses urbanos para dicir, en grandes letras, que: “Probablemente Deus non existe. Deixa de preocuparte e goza da vida”. E un pensa que, preocupados, realmente preocupados, pola existencia de Deus, hoxe hai poucos. Na nosa sociedade occidental prima, en materia de relixión, esa cousa chamada indiferenza. Soamente se senten aludidos, nesas mensaxes, os proselitistas. Como esas monxas sevillanas do Mosteiro de San Pedro de las Carmelitas de Osuna, que puxeron un vídeo en You-tube onde din: “Si ves que pasa Dios por tu vida, no tengas miedo. Hazte monja!”.
Entre ateos e crentes confesos nunca haberá conciliación, porque son o mesmo só que de signo contrario. Ambos o teñen todo moi claro. Fronte a eles están os que navegan na néboa desa dúbida do “todo é posible e nada tamén”. Esa dúbida que parte do agnosticismo e anda logo bamboleando na escala de grises da espiritualidade. Eis a pelexa. O outro, o dos buses que viaxan con ou sen Deus, unha boa mercadotecnia que lle dará cartos a alguén?
Deixar unha resposta