
Sen palabras.
Ramón Caride analiza Conexión Tubinga
Capítulo 3. Davinia
“Aquela noite produciuse unha confabulación entre a indisposición do monxe e os meus desexos de desvelar que era o que quería dicirme o padre Serafín co consello que me dera na biblioteca, porque, para sorpresa de ambos, non foi o panadeiro quen acudiu aos fornos para axudarnos a amasar o pan, senón a súa filla Davinia, cuxo rostro parecía ter saído dos cadros das virxes que pintaba o irmán David Baird. Era a segunda vez que a vía e debo recoñecer que a súa presenza me provocaba unha estraña sensación, porque cando o padre Serafín marchou recoller a bosta e nos deixou sós fronte á artesa, volvín sentir aquel nerviosismo que na adolescencia me facía tatexar cada vez que intentaba explicarlle a María o que sentía por ela. A partir dun primeiro momento intentei gardar as distancias, consciente de que a presenza daquela rapaza fixera saltar en min un resorte que facía anos que ninguén fora capaz de mover” (Fragmento Conexión Tubinga)
Ramón Caride: O soño da razón produce monstros?. Inquisición, Ortodoxia na túa novela? O poder sempre crea monstros, mesmo en quen busca a Deus?
Alberto Canal
Ramón Caride: Por que esquecemos tan rápido? Parece que a historia comezase co euro.
Alberto Canal
Ramón Caride: Veño de ler un libro do limiao Antón Riveiro Coello no que unha moza anarquista presa no 36 namórase dun falanxista. Cres realmente que no amor non hai nada escrito e que son as xentes as que escriben as súas propias historias de amor, como reflictes en Conexión Tubinga?
Alberto Canal: Sempre me gustou moito esa definición que fai Alfredo Conde do ser humano. Somos un composto químico que soña. Pois nese composto químico que soña hai campo para elaborar moitas fórmulas. Isto recórdame cando estudabamos as fórmulas da química, que había que andar xogando coas valencias para dar coa combinación idónea. Se somos un composto químico, como dicía Conde, o amor tamén é química. Non sei vouse dicir unha burrada, pero eu creo que o amor de parella é testosterona cunhas pingas de imaxinación, ou química cun pouco de filosofía, por dicilo doutra maneira. En todo caso que cada un elabore a súa propia fórmula da felicidade. Un non está para repartir fórmulas neste campo.
Deixar unha resposta